Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Pontecesures.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución da obra de abastecemento e saneamento en Cesures.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: as comprendidas no proxecto de referencia.

d) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 8.755.043 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 175.101 ptas.

b) Definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Pontecesures.

b) Domicilio: Avda. de Vigo, 2.

c) Localidade e código postal: Pontecesures 36640.

d) Teléfono: 986 55 71 25.

e) Fax: 986 55 75 54.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Outros requisitos: acredita-la solvencia económico-financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio da licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: punto 6 do anuncio.

9. Apertura de ofertas:

Data: o día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas (excepto se coincide en sábado, caso no que se trasladará ó día seguinte hábil), ás 12 horas.

10. Outras informacións:

O modelo de proposición axustarase ó establecido no prego de condicións.

Na secretaría do concello estará de manifesto o expediente, que poderá examinarse durante o prazo de presentación de proposicións.

11. Gastos de anuncios:

Serán por conta dos adxudicatarios.

Pontecesures, 29 de xullo de 1998.

Victoriano Trenco Romay

Alcalde

7801