Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de convocatoria de persoal laboral fixo.

A Alcaldía, por Resolución do 23 de xullo de 1998, acordou dar publicidade á convocatoria unitaria dos procedementos de selección de persoal para a provisión de prazas vacantes de persoal laboral desta entidade a que fai referencia a oferta de emprego público desta corporación para 1998, de conformidade coas bases aprobadas na sesión do 2 de abril de 1998.

Prazas de persoal laboral fixo.

Unha de electricista, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Unha de ordenanza (reserva para minusválidos) con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Unha de monitor de piscina municipal, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Unha de socorrista, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Unha de conductor palista-operario de servicios múltiples, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Prazo de presentación de instancias:

Vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

As bases da convocatoria aparecen publicadas no BOP de Lugo nº 178, do 5 de agosto de 1998.

Os sucesivos anuncios publicaranse no BOP de Lugo, e taboleiro municipal de edictos.

Xove 5 de agosto de 1998.

Antonio Rey Álvarez

Alcalde accidental

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

8212