Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste Concello, na sesión do día 29 de xullo de 1998, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal en Bonxe, deste concello.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso

contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

A interposición deste recurso deberá comunicárselle previamente ó Concello de Outeiro de Rei, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Outeiro de Rei, 30 de xullo de 1998.

José Pardo Lombao

Alcalde

7529