Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (130/1998).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 23 de xullo de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestima-la alegación presentada por M. Nemesio Pereira Méndez con base nos informes técnicos e xurídicos dos que se deprende que o presente proxecto se axusta ó planeamento e a dereito. E

2. Aprobar definitivamente o proxecto de subdivisión da zona 10 B do SU-29, por instancia de Construcciones y Obras Betan S.L. representada por José Guede Cid.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros se así o crera conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de agosto de 1998.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde accidental

7493