Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (144/1997).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 11 de xuño de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente por instancia de Severino Álvarez Álvarez o proxecto de urbanización das rúas Xunqueira de Espadanedo e Padrenda do PXOU de Ourense, coa condición sinalada polo servicio eléctrico no seu informe do 8 de xaneiro de 1998, e logo da constitución de garantía por importe dun millón trece mil trescentas tres pesetas (1.013.303 ptas.) co obxecto de asegura-la correcta execución

das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas de edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderanse utilizsar outros que así se crea conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 2 de xullo de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

7892