Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Anuncio de licitación para contratar por concurso público, vía de procedemento aberto e urxente, a adxudicación conxunta da obra e o seu proxecto técnico, denominada peche e acondicionamento da terraza na piscina municipal climatizada de Cervo.

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, sobre contratos das administracións públicas, anúnciase procedemento aberto e urxente para adxudicar, mediante concurso, conxuntamente a obra que antecede co seu correspondente proxecto técnico.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cervo, Praza do Concello, 27891 Cervo (Lugo). Teléfono: 982 55 77 77. Fax: 982 55 77 29.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello, onde poderán obter copia do prego de condicións, das bases técnicas e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras, así como a redacción do correspondente proxecto técnico, de acordo coas bases técnicas redactadas polos servicios municipais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 11.600.000 ptas. (conxuntamente para proxecto e obra), IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% tipo.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

7. Presentación de ofertas: as ofertas presentaranse dentro dos 13 días naturais seguintes ó da publicación do modelo normalizado de anuncio de licitación no BOP.

8. Gastos de anuncios e tributos: por conta do adxudicatario.

O que se fai público para cumprir co establecido no artigo 326 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

Cervo, 30 de xullo de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

7897