Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

EDICTO.

O Concello Pleno, o día 29 de maio do ano que corre aprobou o prego de condicións económico-administrativas para o alleamento mediante poxa de parcelas -masas comúns- da zona de concentración parcelaria do Val-Castro-Trasancos. O expediente pode examinarse nas oficinas de secretaría, sitas no primeiro andar da casa do concello. As proposicións poden presentarse no prazo de 20 días hábiles seguintes ó da publicación do último anuncio no BOE.

Narón, 12 de agosto de 1998.

Juan Gato Díaz

Alcalde

7898