Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de licitación para a contratación da obra denominada liña M.T. e C.T. de 160 kVA para electrificación Monte Castelo, de Burela.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Burela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: é a execución do proxecto de liña M.T. e C.T. de 160 kVA para electrificación Monte Castelo, en Burela.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 14.800.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 296.000 ptas.

Definitiva: 592.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Burela (Secretaría).

b) Enderezo: rúa Pardo Bazán, 6.

c) Localidade e código postal: 27880 Burela.

d) Teléfono: 982 58 60 00.

e) Telefax: 982 58 59 45.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas:

a) Prazo: das 9 ás 14 horas, durante o prazo de trinta e seis días naturais contados a partir da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: concello (rexistro xeral).

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo: I, subgrupo: 5 e 6, categoría: d.

As empresas ofertantes deberán contar coas autorizacións pertinentes para a execución de instalacións de alta tensión.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello (salón de comisións).

b) Data: o día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, non coincidente con sábado, en tal caso realizaríase a apertura o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Tendo en conta que conforme o disposto no artigo 122 do R.d.l. 781/1986, do 18 de abril, se encontre sometido a información pública o prego de cláusulas administrativas que rexerá esta contratación e o proxecto técnico da obra de referencia, segundo anuncio publicado no BOP de Lugo nº 195 con data do 6 de agosto de 1998, polo presente anuncio faise saber que no suposto de que se presentasen reclamacións contra os citados documentos dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución. Neste caso publicarase un novo anuncio no BOP de Lugo, con indicación da data límite de presentación das ofertas.

Burela, 27 de agosto de 1998.

P.D.F. (Resolución Alcaldía 6-5-1996)

Sergio López García

Primeiro tenente de alcalde

7774