Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Comerciantes de la Travesía de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Concialiación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes de la Travesía de Vigo, que abarcan os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: comerciantes da zona da Travesía de Vigo.

Asinan a acta de constitución: Joaquín Rúa Rodríguez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 11 de agosto de 1998.

O delegado provincial de Pontevedra

P.A.

Francisco Ramón Hermo Rey

8204