Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/163-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Enagás.

Enderezo social: Avda. de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: L.M.T. e C.T. na posición I-023 do gasoducto en Amoedo.

Situación: Pazos de Borbén.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.355 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios metálicos e de formigón, desde unha

liña, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., no Alto de Cepeda, a 200 m da estrada Os Valos-Amoedo, en dirección leste, ata o C.T. que se proxecta na posición I-023 do gasoducto, en Amoedo, Concello de Pazos de Borbén. C.T. de 25 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 24 de agosto de 1998.

P.A.

Rafael Rubio Maquieira

Secretario provincial de Pontevedra

7988