Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 29 de xullo de 1998, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00451-I-97 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1998.

Juan Girón Astray

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00451-1-97

J-3486-N

LE9OR0033289433

José Rodríguez Ríos

Almenara, 99 304

Murcia

Realizar transporte público de mercadorías (mobles) co vehículo matrícula J-3486-N que carece da preceptiva autorización administrativa e presenta distintivos de transporte público de ámbito nacional.

9-7-1997; 10.40; N-VI; 496,600

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30).

Art. 90 da Lei

16/1987 e artigo 41

do R.D. 1211/1990.

143 Ley 16/1987,

201 R.D.

1211/1990

100.000

ptas.

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00453-1-97

LE9OR0033289433

Muebles Nicol's, S.L.

Industria, 5 30834

Murcia

Ás 10.40 horas do día 9 de xullo de 1997, constátase a realización dun transporte público de mercadorías (mobles) por parte do vehículo matrícula J-3486-N de titularidade de José Rodríguez Ríos; o dito vehículo carece da preceptiva autorización de transporte. Solicitado albará da mercadoría ó conductor compróbase a través de factura nº F00046 de 8-7-1997 que a mercadoría é expedida por Mobles Nicol's, S.L. para Hermanos Iglesias, S.L. Os feitos expostos son constitutivos dunha infracción leve pola contratación dun transporte con transportista non autorizado.

9-7-1997; 10.40; N-VI; 496,600.

Artigo 141.m) da

Lei 16/1987

143 Lei 16/1987,

201 R.D.

1211/1990

46.000

ptas.

DX-00495-1-97

LU-5433-M

3326014268 A7286

Ja López Varela

Calvo Sotelo, 020 270

Lugo

Realizar transporte privado complementario de mercadorías (escaiola), utilizando o vehículo matrícula LU-5433-M, que na data da denuncia presenta A.I.T.V. caducada desde o 25-9-1997, incumprindo as condicións esenciais da autorización.

23-10-1997; 17.35.35; N-540; 1.

Artigo 200.3 do

R.D. 1211/1990

143 Lei 16/1987,

201 R.D.

1211/1990

47.000

ptas.

8188