Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.057

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de citación (177/1998-M).

En virtude da resolución do xuíz de instrucción dictada neste día no xuízo de faltas 177/1998-M sobre lesións, cítase a Manuel Pereiro Castiñeiras con domicilio na Rúa dos Condes 19, Corme, para que compareza na sala da audiencia deste xulgado, o día dous de novembro, ás dez trinta horas, mandando convocar para o dito acto o Ministerio Fiscal e cita-las partes e testemuñas facéndolles saber que poden ser asistidos por avogado, co fin de que comparezan no lugar, día e hora expresados, os primeiros coas probas das que intenten valerse, e todos eles baixo apercibimento de que se deixasen de asitir, sen acreditaren xusta causa, poderán ser multados, salvo que residan fóra do termo municipal de Carballo; estes, en tal suposto, e de seren denunciados, poderán dirixir escrito ó xulgado, alegando o que consideren conveniente para a súa defensa e apoderar, na forma que establecen os artigos 281.3º da Lei orgánica do poder xudicial e 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, a persoa que

presente no dito acto as probas de descargo que tivesen.

En Carballo o catorce de xullo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

7319