Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.057

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

EDICTO (34/1998-09).

Eu, Miguel Formoso Sobrado, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, dou fe e testemuña que o que se relata, e o encabezamento e resolución da sentencia dictada nos autos de xuízo de faltas número 34/1998, e que di como segue:

Sentencia. Na Estrada, o día vinteseis de maio de mil novecentos noventa e oito. Vistas por Cristina García Velasco, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, as precedentes actuacións de xuízo de faltas número 34/1998, nas que resultan partes os seguintes: como denunciado, José María Sánchez Padilla, coa intervención nas actuacións do Ministerio Fiscal, versando aquelas sobre conducción sen seguro obrigatorio do vehículo de motor, e decido: que condeno a José María Sánchez Padilla como autor dunha falta contra a orde pública á pena dun mes de multa, a razón dunha cota de 200 ptas. diarias.

Notifíqueselles ás partes a anterior sentencia, facéndolles saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio de escrito motivado en legal forma e que se debe formalizar ante este órgano no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios, e que lle sirva de notificación en forma a José María Sánchez Padilla, en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto na Estrada o oito de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

7243