Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

CÉDULA de notificación (34/1998-09).

Eu, Miguel Formoso Sobrado, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da

Estrada, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas 34/1998 se dictou resolución e que di como segue:

Providencia: na Estrada, oito de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Dada conta do anterior escrito, examinado, súmese ós autos da súa razón e visto o seu contido, admítese e tense por formalizado recurso de apelación contra a sentencia dictada en primeira instancia nas presentes actuacións, ó presentarse en tempo e forma. Déaselle traslado das copias deste ás restantes partes e ó Ministerio Fiscal, para que no termo de dez días emitan escrito de adhesión ou de impugnación a este, e rematado aquel con presentación de escritos ou sen eles, elevaranse ás actuacións para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Mandouno e asina S. Sa., dou fe.

E para que conste e a súa notificación ó apelado José María Sánchez Padilla, hoxe en descoñecido paradoiro, expido o presente testemuño para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do propio xulgado, facéndolle saber que ten na secretaría do xulgado tanto o escrito de apelación como o resto dos autos á súa disposición.

O secretario xudicial

Rubricado

6861