Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (473/1998).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo fai saber que no expediente número 00473/1998 se tivo por solicitada mediante providencia desta data, a supensión de pagamentos de Kaioh Europe, S.A., con domicilio nesta cidade, r/ Cánovas del Castillo nº 22-3º F, e dedicada á comprevenda e distribución de peixe conxelado, téndose designado para o cargo de interventores xudiciais a José Manuel Cortegoso Iglesias, Rafael García Quintela e a entidade acredora Caixavigo, cun activo de 4.044.578.817 pesetas, e un pasivo de 3.689.239.647 pesetas, téndose acordado a intervención de tódalas súas operacións.

E para que sirva de publicidade para os fins previdos na Lei de suspensión de pagamentos e especialmente no seu artigo 9, libro o presente edicto en Vigo o vintenove de xuño de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

8226