Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 07 de setembro de 1998 Páx. 10.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente C-155/97 incoado por infracción á Lei de caza e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente. De non o efectuaren voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 10 de agosto de 1998.

P.A.

Paloma Quiroga López

Instructora

ANEXO

Expediente: P-155/97.

Denunciado: Manuel Vázquez Duro.

DNI: 76.486.393.

Enderezo: rúa Fenir, 2. Santiago de Compostela (A Coruña).

Feito denunciado: cazar en terreos sometidos a réxime cinexético especial, aínda que sen cobrar

ningunha peza, sen estar en posesión do preceptivo permiso de couto, o día 23-11-1997, no couto Lu-10.034.

Precepto sancionador: artigo 58.27º da Lei 4/1997.

Sanción: 100.001 pesetas de multa. Inhabilitación para obte-la licencia de caza durante un ano e un día.

7808