Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 07 de setembro de 1998 Páx. 10.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definita do expediente C.P. 2/98-S.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 de orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda dar publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria:

Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde, Lugo, Rúa Dr. Severo Ochoa s/n (27004) Lugo.

Número de expediente: C.P. 2/98-S.

2. Obxecto da contratación:

Tipo de contrato: servicios.

a) Descrición do obxecto: traslado e xestión do arquivo pasivo.

b) Lotes:

Lote nº 1: traslado do arquivo pasivo e depuración do arquivo activo.

Lote nº 2: xestión do arquivo pasivo.

c) Data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 115 do 17 de xuño de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: por concurso.

4. Orzamento base de licitación: 7.333.000 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 15 de xullo de 1998.

b) Adxudictario para ámbolos dous lotes: Mudanzas Severiano, S.L.

c) Importe total adxudicado:

Lote nº 1: 1.873.000 pesetas.

Lote nº 2: 910.000 pesetas mensuais.

Lugo, 6 de agosto de 1998.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

8129