Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 07 de setembro de 1998 Páx. 10.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 28 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben por que intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01910-O-97 e OU-02059-O-97).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de miltas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

Expediente: OU-01910-97.

Matrícula: SG-6966-E.

Denunciante: G.C. de tráfico.

Denunciado: Vicente González Julián.

Último enderezo coñecido: doctor Fleming 6-3ºI, 4925 Zamora.

Feito denunciado: transportar tella nun camión carecendo de autorización de transportes.

Data hora: 17-5-1997, 8.25

Estrada pk: N-525, 132.

Precepto infrinxido: artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 250.000 ptas. precintado do vehículo.

Expediente: OU-02059-O-97.

Matrícula: GU-0587-D.

Denunciante: G.C. de tráfico.

Denunciado: Excavaciones Prada, S.L.

Último enderezo coñecido: Miguel Cervantes, 25, 32340 Vilamartín de Valdeorras, Ourense.

Feito denunciado: circular transportando grava carecendo de tarxeta de transportes realiza transporte público levando distintivos de servicio privado.

Data hora: 2-6-1997, 16.50.

Estrada pk: N-525, 129.

Precepto infrinxido: artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 250.000 ptas. precintado do vehículo.

8139