Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 07 de setembro de 1998 Páx. 10.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia de novo, advertidos erros na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia do 28 de xullo pasado, a contratación das obras de desmonte e reparación da calefacción no IES Ánxel Casal da Coruña, polo sistema de poxa aberta e tramitación urxente.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: desmonte e reparación da calefacción no IES Ánxel Casal.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 29.523.427 pesetas.

e) Clasificación do contratista: grupo J, subgrupo 2, categoría e.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Garantías: exímese da garantía provisional ó abeiro do establecido no artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade técnica).

b) Domicilio: praza de Luís Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade e código postal: 15071, A Coruña.

d) Teléfonos: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG. Se este cadra en sábado ou domingo, será ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de claúsulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

-Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n, 7ª planta.

-Localidade: A Coruña, 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza Luís Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cadra en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 10 horas.

8. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de agosto de 1998.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña

8072