Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación do programa de adaptación e anticipación do sector turístico do municipio de Sanxenxo (Antursan), ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Asemade, anúnciase a convocatoria de concurso para a devandita contratación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sanxenxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: programa de adaptación e anticipación do sector turístico do municipio de Sanxenxo.

b) Prazo de execución: o sinalado no proxecto.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma. concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 70.236.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 1.370.720 pesetas.

Definitiva: 4% do importe do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Secretaría do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Tfno. 986 72 00 75-76. Fax: 986 72 10 22.

Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 4, categoría C.

b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: a que resulte de contar 13 días naturais desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP.

b) Documentación que se presentará: a descrita no respectivo prego de condicións administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e domicilio: ver punto 6.

b) Data: no quinto día hábil seguinte ó de remate da presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: cláusula 15 do prego respectivo.

11. Gastos de anuncios.

Pola conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 21 de agosto de 1998.

José L. Rodríguez Lorenzo

Alcalde

7338