Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

Mediante acordos do Pleno do Concello de Valdoviño de datas 9-9-1997 e 19-6-1998, respectivamente, aprobáronse con carácter definitivo o proxecto de compensación, os estudios de detalle da zona residencial extensiva e zona turístico-hoteleira; e o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 4 das normas subsidiarias do planeamento de Valdoviño.

Fanse públicos os referidos acordos coa indicación de que poñen fin á vía administrativa, polo que contra eles pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ou notificación, se é o caso, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se coide procedente.

Valdoviño, 20 de xullo de 1998.

Elisa Garrido Cantarero

Alcaldesa

8058