Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña núm. 222, do 26 de setembro de 1997, BOP da Coruña núm. 128 do 6 de xuño de 1998, corrección de erros publicada no BOP núm. 137 do 17 de xuño de 1998, publícanse o Regulamento de provisión de postos de traballo do Concello de Santiago de Compostela e as bases específicas, que rexerán a convocatoria para a provisión de postos de traballo que se relacionan no anexo I (postos de traballo non reservados a persoal da entidade local) e anexo II (postos de traballo reservados a persoal da entidade local) das ditas bases.

As instancias nas que se solicita tomar parte na dita convocatoria, dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Santiago de Compostela e poderán presentarse directamente no rexistro xeral deste concelllo ou ben de conformidade co previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, durante o prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Faise constar que os restantes anuncios desta convocatoria só se inserirán no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1998.

Alcalde

Rubricado

8052