Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria realizada o día 30 de xullo de 1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle Quintela-Lameira nº 245, promovido por Francisco Ponciano Paredes Rivas e redactado polo arquitecto Antonio Rodríguez Rodríguez.

En execución do acordo exponse ó público polo período dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios, mediante publicación do presente anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación na provincia, para os efectos sinalados no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O expediente queda de manifesto na Secretaría para os efectos do seu exame e, se é o caso, presentación de alegacións.

Moaña, 4 de agosto de 1998.

Xabier Abalo Costa

Alcalde

7717