Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Xunta de Compensación da Urbanización Pedra do Pan, S.L. o proxecto de compensación dos terreos comprendidos no Plan Parcial do SAU-1 (Eirín-Caldas de Reis), Pontevedra, así como a adxudicación das parcelas resultantes, na reunión celebrada pola citada xunta o día dezasete de agosto de 1998, exponse ó público, polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, o referido proxecto de compensación promovido por Pedra do Pan, S.L. no lugar de Eirín-SAU-1- Caldas de Reis (Pontevedra).

Caldas de Reis, 20 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

7987