Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación de Empresarias de la Provincia de A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, ás 10 horas do día 14 de agosto de 1998 foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación de Empresarias de la Provincia de A Coruña.

A modificación consiste nos artigos 2, 3, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 14, 16, 18, 19, 20, 22, 24, 25, 26, 27, 35 e D.T. e o engadido dos artigos 25 bis, 25 bis 2 e D. final.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: Ángeles de la Fuente López (secretaria) e Ángeles de la Iglesia Daviña (presidenta).

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 14 de agosto de 1998.

María Silva Costoya

Delegada provincial en funcións da Coruña

8050