Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 15 de maio de 1998 pola que se autoriza a permuta dos puntos de fondeo entre os viveiros OC II e FP XIII.

Visto o expediente instruído a petición de Carmen Rodríguez Otero, con DNI nº 35.441.314, e Luis Rodiño González, con DNI nº 35.371.475, polo que solicitan permuta-los puntos de fondeo entre os viveiros:

Nome do viveiro: OC II

Titular: Carmen Rodríguez Otero.

Situación: O Grove, polígono D, cuadrícula nº 70.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 23-3-2001.

E

Nome do viveiro: FP XIII.

Titular: Luis Rodiño González e outra.

Situación: Cambados, polígono F, cuadrícula nº 201.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 13-4-2008.

Tendo en conta os informes do Servicio de Protección de Recursos e a proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, conforme os artigos 11 e 12 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería resolve acceder á permuta dos puntos de fondeo solicitada, quedando a situación e vixencia dos viveiros na orde seguinte:

Nome do viveiro: OC II.

Titular: Carmen Rodríguez Otero.

Situación: Cambados, polígono F, cuadrícula nº 201.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 13-4-2008.

E

Nome do viveiro: FP XIII.

Titular: Luis Rodiño González e outra.

Situación: O Grove, polígono D, cuadrícula nº 70.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 23-3-2001.

Os traslados das bateas á novas situacións, contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia.

O fondeo realizarase no prazo máximo de seis meses contados desde a publicación da presente orde.

A data do fondeo deberá ser comunicada con antelación suficiente á delegación comarcal desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e control de personal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

8051