1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: execución das obras para o acondicionamento de zonas varias do edificio da Audiencia de Ourense.
b) Lugar de execución: Ourense
c) Prazo de execución: 2 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 26.017.203 ptas., IVE incluído.
5. Garantías.
a) Provisional: dispensada.
b) Definitiva: 1.040.689 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativo de San Caetano edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, e na delegación provincial da consellería en Ourense, sita en Camiño Prado Lonia s/n, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións.
b) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das propostas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: grupo C; subgrupo: todos; categoría e).
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ó décimo terceiro (13) día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ata o día hábil seguinte.
b) Documentación que se presentará: os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación.
1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.
3ª Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.
d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.
Durante tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.
9. Admisión de variantes.
Non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
Terá lugar en acto público na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ás 11.30 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
11. Gastos do anuncio.
Os gastos que orixine a publicación desde anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1998.
Francisco Javier Rubio Delgado
Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
7841