Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.930

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (196/1993).

O maxistrado-xuíz do do Xulgado do Penal número 3 de Vigo, en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, fai saber que neste xulgado, baixo o número 196/1993, se segue xuízo executivo por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Animar, S.L., Antonio Mar

tínez Blanco e Antonio, Ramón, Carlos e Carmen Martínez Rodríguez, en reclamación de 7.176.558 pesetas de principal e 3.000.000 de pesetas que se calculan para xuros, custas e gastos, autos nos que se acordou sacar á venda en poxa pública, por termo de vinte días o/os seguinte/s ben/s embargado/s no procedemento e que ó final do presente edicto se dirán polo miúdo; poxa que terá lugar por primeira vez neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón o vindeiro día 8 de outubro de 1998, ás 18 horas, baixo as seguintes condicións: de poxa:

1. O tipo para a primeira poxa será o do valor que se lles deu ós bens, e non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente polo menos o 20% da valoración, no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., conta de consignacións número 1576.0000.17.0196.93.

3. Soamente o executante poderá cederlle o remate a terceiros.

4. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio ata que teña lugar a poxa, depositándoo na mesa do xulgado e achegando o xustificante do ingreso do importe indicado no punto 2º.

5. Os titulos de propiedade áchanse substituídos por certificación rexistral, e estarán de manifesto na secretaría do xulgado, debendo conformarse con eles os licitadores, que non terán dereito a esixir outros; así mesmo, estarán de manifesto os autos; e as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen que se destine para a súa extinción o prezo de remate.

6. Para o suposto de que quedase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 10-11-1998, ás 18 horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo de valoración que se rebaixa nun 25% do da primeira; e, no caso de resultar deserta esta segunda poxa, terá lugar unha terceira poxa, sen suxeición a tipo o día 15-12-1998, ás 18 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

O/os ben/s obxecto de poxa, en lotes separados, son os seguintes:

1. Casa situada na Escravitude, parroquia de Cruces, concello de Padrón, de planta baixa e piso alto, de 103 metros cadrados e setenta decímetros cadrados de superficie, con dúas portas de entrada, unha á súa fronte leste e outra ó fondo oeste, cun terreo anexo por este lado dunha seis concas ou dúas áreas e dez centiáreas, destinado a horta, de Daniel López Caamaño; dereita, entrando, norte, terreo de Renfe,

muro propio do predio que se describe no medio; e fondo oeste, vía férrea delimitada con aramado propio. Inscrito no Rexistro de Padrón, tomo 329, libro 84, folio 114, predio número 6878, taxado para os efectos da poxa en 11.371.200 pesetas.

2. Labradío denominado Horta da Escravitude, situada no lugar da Escravitude, dunhas corenta e seis concas e dous sextos de conca ou dezaseis áreas e vinte centiáreas. Linda; norte e leste: herdeiros de Manuel José Framil Martínez; sur: camiño veciñal; e oeste: Manuel Míguez. Na actualidade construíronse unhas naves que ocupan unha superficie de 952 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 329, folio 116, libro 84, predio número 86879. Taxado para os efectos da poxa en 12.423.600 pesetas.

3. Labradío, Cruceiro de Loureiro, situado na Escravitude, de trece concas e media, ou catro áreas e setenta e dúas centiáreas. Linda, norte: camiño veciñal; sur e leste: Andrés Sánchez e outros; e oeste: estrada da Coruña. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 329, libro 84, folio 117, predio número 6880. Taxado para os efectos da poxa en 259.600 pesetas.

E para que conste e sirva de notificación para o público en xeral e ós demandados executados en particular, expídese o presente edicto para a publicación nos correspondentes diarios oficiais, en Padrón, dezasete de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6731