Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.930

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (361/1993).

O maxistrado-xuíz do Xulgado do penal número 3 de Vigo en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón,

Fai saber: que neste xulgado, baixo o número 361/1993, se segue xuízo executivo por instancia do Banco Pastor, S.A. representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra José Calvo Fuentes e María Irene Silva Morla, en reclamación de 5.891.044 ptas. de principal, máis 3.000.000 de ptas., que se calculan en principio para xuros, custas e gastos pesetas, máis os xuros legais, gastos e custas e non seus autos acordouse sacar á venda en poxa pública, por termo de vinte días os seguintes bens embargados no procedemento e que ó final do presente edicto se detallarán; a poxa terá lugar por primeira vez neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón o próximo día 8 de outubro de 1998 ás 17.30 horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo para a primeira poxa será o do valor dado ós bens, non admitíndose ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomaren parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o 20% da taxación no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., conta de consignacións número 1576.0000.17.0361.93.

3. Só o executante poderá cede-lo remate a terceiros.

4. Poderán facerse ofertas por escirto en prego cerrado desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado e acompañando xustificante acreditativo do ingreso do importe reseñado no punto 2.

5. Que os títulos de propiedade, suplidos por certificación rexistral, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, debendo conformarse con eles os licitadores, que non terán dereito a esixir ningún outro que, así mesmo, estarán de manifesto os autos; e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, ó crédito do autor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen destinarse á súa extinción o prezo de remate.

6. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar o segunda o próximo día 10 de novembro de 1998, ás 17.30 horas, nas mesmas condicións que a primeira, excepto o tipo da taxación, que se rebaixa nun vintecinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta esta segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 15 de decembro de 1998, ás 17.30 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Os bens obxecto da poxa son sos seguintes:

-Casa en construcción, construída sobre os dous predios seguintes que son estremeiros formando unha soa, que se describen: predio denominado Ataúde, toxal no lugar de Oín, municipio de Rois, de tres concas ou 1,05 áreas. Linda, norte: herdeiros de Ramón Cabo; sur: desta herdanza; leste: Vicente Rodríguez e oeste: herdeiros de Andrés Duyos.

-Predio denominado Bosquiño, toxal no lugar de Ataúde, parroquia de Oíns, municipio de Rois, de oito concas e media ou 3 áreas. Linda, norte: Josefa Gómez; hoxe os seus herdeiros; sur, leste e oeste: muros propios que a cerran.

Non figuran como tales inscritas no Rexistro da Propiedade de Padrón.

Taxadas no prezo de 3.564.800 ptas. que servirá de tipo para a primeira poxa.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandandos executados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos correspondentes diarios oficiais, en Padrón, vinte de maio de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6171