Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de edafoloxía e química agrícola, do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo, a prol de José Manuel García Queijeiro, con documento nacional de identidade número 32.416.943, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Manuel García Queijeiro profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de edafoloxía e química agrícola, do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 12 de agosto de 1998.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo
5171