Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.931

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (246/1998-04).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Certifico que neste xulgado se segue xuízo executivo co número 246/1998, promovido polo Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador García-Piccoli contra Clara Vázquez Toural sobre reclamación da cantidade de 634.024 pesetas de principal e 317.000 pesetas para xuros, gastos e custas; e dado que a demandada se encontra en ignorado paradoiro por medio do presente edicto cítase, co fin de que no termo improrrogable de nove días se compareza en autos en legal forma, por medio de procurador e letrado, e se opoña á execución se lle conviñese, faise constar que as copias da demanda e documentos se encontran en secretaría á súa disposición e apercibíndoa de que de non comparecer será declarada en rebeldía, seguindo o preito

o seu curso, sen volver citala nin facerlle outras notificacións que as que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procédese ó embargo dos seguintes bens:

1. Predio número 24.240 do Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela. Alboio no lugar de Rueiro de Figueiriñas en Santiago de Compostela.

2. Posibles devolucións fiscais que por IVE e IRPF poidan corresponderlle durantes os próximos sete anos.

3. Saldos en contas corrientes, de aforro ou calquera tipo de depósito que a demanda posúa nas seguintes entidades bancarias de Santiago de Compostela, Banco Pastor, Banco Central Hispanoamericano, Caixa Ourense, Caja de Ahorros de Pontevedra, Caixa Vigo e Banco Zaragozano.

E para que conste e sirva de citación a demadada en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto o seis de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

6249