Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, das obras de abastecemento e saneamento ó núcleo de Souto, 1ª fase.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP., anúnciase concurso polo procedemento aber

to, para adxudica-las obras de abastecemento e saneamento ó núcleo de Souto 1ª fase, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato as obras de abastecemento e saneamento ó núcleo de Souto 1ª fase.

2. Duración do contrato: 4 meses.

3. Tipo de licitación: 15.461.678 ptas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo da adxudicación farase con cargo á partida 441.61.60102 do vixente orzamento municipal.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles na Secretaría do Concello.

6. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no BOP suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

7. Garantía definitiva: o 4% do orzamento da adxudicación.

8. Presentación das proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación (artigo 72.2º b LCAP) no DOG.

9. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do segundo día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentacións de proposicions.

10. Modelo de proposición: é o recollido no anexo II do prego de condicións.

Sada, 25 de agosto de 1998.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

8015