Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do servicio de difusión da información e da cultura especializados na muller.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Muller, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 801/224.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicio de difusión da información e da cultura especializada na muller.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 10.500.000 ptas.

5. Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 10 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidad, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 10.4º do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 24 de agosto de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

8014