Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da alcaldía, de data de hoxe, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación por concurso, polo procedemento aberto e con tramitación urxente, para execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación e asfaltado de camiños veciñais. Redondela, incluída no Programa de Acción Municipal 1998/1999, exponse o público durante o prazo de catro días contados a partir do seguinte hábil ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará, de resultar necesario, no suposto de que se producisen reclamacións contra o prego:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación e asfaltado de camiños veciñais. Redondela, incluídas no PAM 98/99.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 26.291.326 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisoria: 2% tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo, Vías e Obras).

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G. Subgrupo 4. Categoría D.

b) Outros: acreditar solvencia económica e financeira.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrara en sábado ou inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

Entidade: Concello de Redondela.

Domicilio: Alfonso XII, 2.

Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domiclio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela.

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De presentarse ofertas indirectas, rexerá o establecido na cláusula 14ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axústarase á cláusula 11ª do prego.

11. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 24 de agosto de 1998.

Amado Rincón Virulegio

Alcalde

8022