Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos de servicios.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou

dar publicidade ás adxudicacións que se identifican a continuación:

-Contrato de concesión da xestión do servicio de cafetería do Centro Galego de Arte Contemporánea.

-Adxudicatario: Gurriarán & Asociados, S.L (Campus Stellae).

-Orzamento: 120.000 pesetas de canon.

-Contrato do servicio de seguridade no Centro Galego de Arte Contemporánea.

-Adxudicatario: Grupo Cetssa, Compañía de Seguridad, S.A.

-Orzamento : 17.702.412 pesetas.

-Contrato do servicio de limpeza no Centro Galego de Arte Contemporánea.

-Adxudicatario : Proyectos Integrales de Limpieza, S.A. (Pilsa).

-Orzamento: 4.499.520 pesetas.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1998.

P.D (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

7747