1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición dun autoanalizador de viños con destino á Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) Número de unidades que se entregarán: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.
c) División por lotes e número: un lote.
d) Lugar de entrega: Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense).
e) Prazo de execución: un (1) mes, contado desde a data do asinamento do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento:aberto.
c) Forma:concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: dez millóns pesetas (10.000.000 de pesetas).
5. Garantías.
Provisional: duascentas mil pesetas (200.000 pesetas).
Definitiva: catrocentas mil pesetas (400.000 pesetas).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 981 54 57 16.
e) Telefax: 981 54 57 53.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet na dirección: http://xunta.es.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non é necesaria.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 30 de setembro de 1998.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Edificios Administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: 5 de outubro de 1998.
e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 1998.
P.D. (Orde do 15-12-1997, DOG nº 243, do 17-12-1997)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Ganadería e Política Agroalimentaria
7657