Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o acordo do 30 de abril de 1998 de comunicación do inicio do expediente sancionador Secretaría 106/1998.

De conformidade co disposto no artículo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 10 días para presentar alegacións, no caso de non presentalas conforme o artigo 13.2º do devandito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente: Secretaría 106/1998.

Denunciada: María Pena Fraga.

DNI: 76.289.504.

Último enderezo coñecido: Mercado das Conchiñas, 5, A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: podería chegar ata 500.000 ptas.

A Coruña, 10 de agosto de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

7672