Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Santiago de Cereixo e San Cristovo de Carnés (Vimianzo-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Santiago de Cereixo e San Cristovo de Carnés (Vimianzo-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 465/1990, do 27 de setembro (DOG nº 198, do 8 de outubro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 26 de xuño de 1998, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público no Concello de Vimianzo e na zona, durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985 (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e

relación de predios excluídos), á clasificación de terras e á fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Desenvolvemento Rural (edificio administrativo, praza Luís Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

A Coruña, 29 de xuño de 1998.

Rodolfo M. Rodríguez González

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

da Coruña

7589