Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación que se cita. (Expediente 98/176).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese á información pública a solicitude da empresa Feiraco, S.C.L., con domicilio social na Ponte Maceira, s/n, Negreira (A Coru

ña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Planta de coxeración, ampliada, das seguintes características finais:

-Dous grupos motor-xerador, de 7.310 kW en total de potencia eléctrica máxima utilizando como combustible gas natural, e 6 kV ±0,5% de tensión de xeración.

-Dous transformadores de 4.500 kVA cada un, de relación 6/66 kV.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calor, de baixa tensión, regulación e interconexión coa compañía eléctrica distribuidora.

Situación: factoría da empresa no municipio de Ames (A Coruña).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 13 de agosto de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

7587