Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se revisa e amplía a autorización da empresa Norcontrol, S.A. para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude presentada por Pedro Fernández Fernández, en calidade de conselleiro delegado de Norcontrol, S.A., CIF A-15044357, con domicilio social na Estrada Nacional VI, km. 582,15168 Sada (A Coruña), solicitando a ampliación da vixente autorización para actuar como organismo de control, a Dirección Xeral de Industria, ten en consideración os seguintes

Feitos:

Primeiro.-Norcontrol, S.A. foi acreditada por ENAC, Entidad Nacional de Acreditación, en data do 17 de abril de 1997, como organismo de inspección tipo A, segundo os criterios recollidos na norma UNE EN 45004-95, para as actividades de inspección nos ámbitos regulamentarios de instalacións e aparellos a presión, instalacións eléctricas, instalacións de almacenamento de productos químicos, vehículos e contedores, instalacións e aparellos para combustibles gasosos, construcción de máquinas con risco, elementos e instalacións de aparellos de elevación e manutención e instalacións frigoríficas, tal e como consta no certificado de acreditación nº 04/EI/006/97, por un período de vixencia de catro anos.

Segundo.-Por Resolución do 10 de xuño de 1997, a Dirección Xeral de Industria, autorizou a empresa Norcontrol, S.A. para actuar como organismo de control (DOG do 1-7-1997).

Terceiro.-Con data do 20 de xullo de 1998, Pedro Fernández Fernández, en nome e representación de Norcontrol, S.A., presentou escrito por medio do que solicitaba, ó abeiro do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestructura de calidade e seguridade industrial, que se ampliase o alcance da vixente autorización como organismo de control, conforme a revisión Rev. 2 de data 6-7-1998 do seu anexo técnico feita por ENAC, nos ámbitos regulamentarios de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, instalacións petrolíferas, calidade ambiental (áreas: atmosfera, augas, residuos, solos e ruídos) e minería.

Para tal efecto presentou a documentación esixida no artigo 43.3º do citado real decreto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de

autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2 do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30 do 4 de decembro) e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 57, do 21 de marzo), modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio (DOG nº 86, do 7 de maio) e 292/1995, do 3 de novembro (DOG nº 219, do 15 de novembro), en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo de 1992) e Real decreto 2200/1995, do 2 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial e a demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

Terceiro.-A documentación presentada por Norcontrol, S.A. acredita que a empresa cumpre coas esixencias xerais establecidas no artigo 43.3º do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Dirección Xeral de Industria, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar a empresa Norcontrol, S.A., para actuar como organismo de control para as actividades de inspección, como ampliación ás xa autorizadas por Resolución do 10 de xuño de 1997, comprendidas nos ámbitos regulamentarios seguintes:

9. Instalacións de calefacción, climitación e auga quente sanitaria.

10. Calidade ambiental.

10.1. Área atmosfera.

10.2. Área augas.

10.3. Área residuos.

10.4. Área ruídos.

10.5. Área solos.

11. Instalacións petrolíferas.

12. Minería.

Segundo.-Esta autorización ten vixencia ata o 17 de abril do ano 2001, podendo ser suspendida ou

revogada, ademais de nos casos establecidos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de ENAC.

Terceiro.-Norcontrol, S.A., queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixgencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, debendo en todo caso, notificar a Administración competente da Comunidade Autónoma, distinta da que o autorizou, o inicio da súa actividade.

Cuarto.-Esta autorización queda suxeita ás seguintes condicións:

a) Comunicar á Delegación Provincial de Industria da Coruña os datos actualizados para a súa inscrición ou modificación no Rexistro de Establecementos Industriais, establecido pola Lei de industria e regulado polo Real decreto 697/1995, do 28 de abril.

b) Comunicar á Dirección Xeral de Industria, ó día seguinte de producirse calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se for o caso, o informe ou certificado da entidade de acreditación ENAC.

c) Cumpri-lo establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

d) Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumpri-los requisitos suplementarios que no seu día poida establece-la Consellería de Industria e Comercio.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, ante o Conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

7859