Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da contratación dunha asistencia técnica para a realización dos traballos de organización e realización das VII Xornadas Galegas sobre Economía das Corporacións Locais.

A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, convoca o seguinte concurso público aberto:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

c) Número de expediente: 98/05/919.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización do traballo de organización e realización das VII Xornadas galegas sobre Economía das Corporacións Locais.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o día 23-12-1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación:

a) Importe total: 8.500.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do orzamento da licitación: 170.000 pesetas.

b) Definitiva: 4% do orzamento da licitación: 340.000 pestas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: 15702 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 51 32.

e) Telefax: 981 54 51 33.

f) Data límite da obtención: os días e horas hábiles de oficina, ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán toda a documentación que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado segundo o Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

d) Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme o modelo que se xunta como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: mesa de contratación da Consellería de Economía e Facenda.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ás dez horas do oitavo día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de propisicións.

10. Gastos dos anuncios: os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

7811