Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1998 pola que se adxudica a subministración de material informático para a ampliación dos postos de traballo de tramitación do SXPA.

Por resolución do secretario xeral actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de febreiro de 1993, resolveu adxuduca-lo seguinte contrato:

Contratación da subministración de material informático para a ampliación dos postos de traballo de tramitación do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA), convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 4 de xuño de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 17 de xuño do presente ano.

Adxudicatario: Inforhouse, S.L.

Importe: 15.000.000 de pesetas, IVE Incluído.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e da Administración Pública

7730