Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/260-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Domicilio social: Tte. Xeral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: Modf. L.M.T. aéreas a Subtren. C.T. urbano e C.T. Cristal de 250 kVA.

Situación: Laracha.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 105 m de lonxitude que parte do novo C.T. Cristal e remate na arqueta r/ Eusebio Bertoa Queijo, en conductor R.H.V. 12/20 kV de 95 mm Al. L.M.T. subterránea provisional de 55 m de lonxitude que parte da L.M.T. Santa Lucía a Telefónica e remate no pase aéreo-subterráneo a C.T. Mallo. C.T. tipo interior que se construirá en edificio r/ Epifanio Campo Núñez de 250 kVA denominado C.T. Cristal e C.T. provisional tipo prefabricado de 250 kVA, situado sobre arqueta subterránea en r/ Epifanio Campo Núñez. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

7753