Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o persoal laboral do Concello de Ribadeo.

Visto o texto do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Ribadeo (código 2700742), da provincia de Lugo, asinado o día 1 de abril de 1998, polo delegado único de persoal laboral do Concello de Ribadeo (da CIG) e, por parte do concello, o alcalde-presidente, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio,

sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 7 de xullo de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Covenio para o persoal laboral do Concello

de Ribadeo

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio das condicións de traballo estende a súa aplicación ó persoal laboral, tanto de carácter fixo como temporal, coas excepcións que se dirán, ó servicio do Concello de Ribadeo.

Artigo 2º.-Período de vixencia.

Este convenio terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1999 e prorrogarase tacitamente agás que calquera das partes o denuncie ou sexa revisado, sempre cunha antelación mínima de tres meses á data do remate; nembargantes non se considerarán prorrogadas aquelas cláusulas que puideran resultar contrarias á lexislación estatal na materia.

Denunciado o convenio, as partes asinantes comprométense a iniciar negociacións un mes antes do remate da vixencia do convenio entendéndose este prorrogado ata a sinatura dun novo, sen prexuízo do que o novo acordo determine respecto á súa retroactividade.

Artigo 3º.-Comisión paritaria de interpretación e seguimento.

Créase unha comisión paritaria de interpretación e seguimento que terá como funcións:

-Interpretación do articulado.

-Intervención obrigatoria con carácter previo á presentación de calquera conflicto colectivo ou impugnación.

-Calquera outra que expresamente se sinale neste convenio.

Fíxase como composición desta comisión: representando a Administración, o alcalde-presidente, e por parte dos sindicatos o delegado de persoal.

Artigo 4º.-Sistema retributivo.

1. Aplícase ó persoal laboral unha estructura retributiva semellante á recollida no Real decreto 861/1986, do 25 de abril.

2. As retribucións veranse incrementadas globalmente con efectos do 1-1-1998 no 2,1% fixado na

Lei de orzamentos xerais do Estado e sen prexuizo da suba que se poida establecer para o ano 1999.

3. Os niveis de complemento de destino recollidos na RPT manterán cando menos a súa vixencia para os exercicios 1998 e 1999. Con efectos do 1-1-1999 increméntase nun punto os niveis de CD dos postos asimilados ós do grupo E.

4. No referente á contía do CE correspondente a cada posto será aquela que vén asignada individualmente na relación de postos de traballo; con carácter de CE especial de vencemento semestral incrementarase sobre a contía mensual do CE unha suma equivalente ó CD mensual máis 1/2 CE mensual para o ano 1998 e o CD mensual máis o CE mensual para o ano 1999.

5. A contía das horas extraordinarias fóra do horario da xornada normal serán as seguintes:

Horas extras:

GruposNormalesFestivos/nocturnos

A 3.710 5.560

B 2.390 3.575

C 1.895 2.840

D 1.570 2.360

E 980 1.475

SMI 715 1.250

A consideración de horario nocturno fíxase entre as 22 horas e as 7 horas.

Artigo 5º.-Nocturnidade.

1. Aqueles postos de traballo que teñen establecido o seu servicio normal ou parcialmente en horario nocturno teñen retribuído este concepto dentro do seu complento específico segundo valoración asignada pola RPT.

2. O réxime de nocturnidade da policía local (auxiliares réxime laboral), ademais do recollido no apartado anterior, queda suxeito as seguintes especialidades:

a) Todo axente que supere o número de 10 noites ó ano terá en compensación un día de descanso a maiores por cada noite realizada.

b) Os días de compensación serán desfrutados xuntos ou por separado en datas que elixirá o axente coa única excepción de que non afecten ó normal desenvolvemento dos servicios, preferentemente xunto cos seus propios de descanso e en fins de semana.

c) Estes días desfrutaranse no mesmo ano ou no seguinte.

d) Os días de descanso comunicaránselle ó xefe da policía local.

Artigo 6º.-Anticipos.

O Concello de Ribadeo comprométese a mante-la mesma consignación vixente no orzamento municipal para esta finalidade. A contía máxima dos anticipos a que ten dereito cada funcionario será de 3 mensualidades ou ata catro no caso de emerxencia xustificada. A amortización do anticipo realizaráse en dez, vinte ou trinta mensualidades segundo a contía deste.

Soamente terá dereito a anticipo o persoal laboral fixo. En caso de cesamento o anticipo deberá amortizarse anticipadamente.

Artigo 7º.-Composición de tribunais.

En tódolos tribunais do Concello de Ribadeo para o acceso á función pública, un vocal será designado pola representación sindical manténdose o establecido regulamentariamente respecto á súa composición técnica e titulación dos seus membros.

Artigo 8º.-Promoción interna.

O 50% das prazas obxecto da oferta de emprego de cada ano reservaranse á promoción interna; no caso de que existira un só posto reservarase a este mesmo sistema sempre que resulte posible. Nas probas selectivas da promoción interna suprimiranse aqueles exercicios referidos a coñecementos acreditados para o acceso á praza de orixe.

Artigo 9º.-Formación.

O concello incluirá nos orzamentos de cada ano consignación suficiente para facer fronte ós custos de matrícula, axudas de custos e quilometraxe xerados pola asistencia do persoal municipal a cursos de formación. Estes cursos deberán estar directamente vinculados coas funcións que desempeñe o interesado e a asistencia do funcionario quedará condicionada a que as necesidades do servicio o permitan; fíxase en 40 horas anuais o crédito de que dispón cada empregado municipal para asistencia a cursos de formación agás nos supostos especiais nos que se supere este límite, limitándose neste caso a un curso anual máximo.

Artigo 10º.-Réxime de traballo.

Establécese o horario semanal de 37,5 horas para todo o persoal municipal, manténdose como festas non recuperables as fixadas con este carácter a nivel estatal, autonómico e local; ademais, inclúese como festa non recuperable o día de Santa Rita. No suposto de que éste día coincida con festivo, sábado ou domingo, sustituirase por outro día hábil. En todo caso quedarán garantidas as necesidades mínimas dos servicios.

Para a policía local (auxiliares réxime laboral) manterase o réxime de traballo por quendas, cumpríndose en calquera caso o horario legal en cómputo anual unha vez realizadas as compensacións procedentes.

Artigo 11º.-Vacacións.

O desfrute dos trinta días legais de vacacións axustarase ó cadro aprobado anualmente pola alcaldía, logo de audiencia da representación sindical.

O cadro de vacacións da policía local (auxiliares réxime laboral) posibilitará que os axentes poidan desfruta-las mesmas en calquera época do ano, se ben só se poderá ausentar en cada período un axente.

Artigo 12º.-Saúde laboral.

1. O Concello de Ribadeo comprométese á realización dunha revisión médica anual e gratuíta para todo o seu persoal.

2. Nos supostos de baixa por enfermidade ou accidente o concello aboaralle ó seu persoal o cento por cento das súas retribucións agás o complemento de productividade, durante os 18 meses da incapacidade temporal.

3. O Concello de Ribadeo reembolsará en troco de presentación de factura e receita médica ó persoal laboral fixo polos seguintes custos, imputables tanto a el mesmo como ó cónxuxe e fillos que convivan con eles ata os 25 anos de idade e sempre que non perciban ingresos que impliquen a obriga de realiza-la declaración do IRPF:

Oftalmoloxía:

Lentes (lonxe-preto): 5.500 pesetas.

Bifocais: 10.000 pesetas.

Lentes de contacto: 5.000 pesetas/cada unha.

Monturas e lentes de contacto (un só uso): non.

Odontoloxía:

Pezas: 5.000 c/u.

Empastes: 2.500 c/u.

Implantes óseos: 10.000 c/u.

Dentadura completa: 45.000 pesetas.

Dentadura superior ou inferior: 22.500 pesetas.

Ortodoncia (iniciado antes 18 anos): 40.000 pesetas.

Outros:

Audífono: 45.000 pesetas.

Vehículo inválido: 40.000 pesetas.

Sobreplanta ortopédica: 2.500 pesetas.

Sobreplanta especiais: 6.800 pesetas.

Calzado á medida: o total.

Artigo 13º.-Xubilación.

Estáblecese como idade de xubilación os 65 anos de idade, referidos ó momento do seu cumprimento.

O persoal que se atope entre os 60 e os 64 anos de idade terá dereito, como indemnización por xubilación anticipada, a un soldo mensual neto por cada ano completo que lle falte ata cumpri-los 65 anos, establecéndose en calquera caso unha indemnización mínima de 306.300 ptas. (ano 1998) e unha máxima de 918.900 ptas. (ano 1998). Estas cantidades mínima e máxima revisaranse automaticamente o 1 de xaneiro de cada exercicio en función do IPC do exercicio anterior.

Non terá dereito a esta indemnización por xubilación anticipada aquel persoal implicado nun suposto de xubilación por invalidez ou outra causa non estrictamente voluntaria.

Establécese un réxime especial para o persoal laboral de limpeza suxeito ó SMI en virtude do que:

a) Se teñen na actualidade máis de 65 anos e non teñen cotizado á Seguridade Social o mínimo

para dispor dunha pensión de xubilación terán dereito, voluntariamente, á indemnización por xubilación na súa contía mínima no caso de que se acollan a esta.

b) No suposto de que lles falte menos dun ano para cumpri-los 65 anos, poderán acollerse á xubilación voluntaria anticipada con dereito a indemnización na súa contía mínima.

Artigo 14º.-Seguridade e hixiene.

En desenvolvemento da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, do 8 de novembro, increméntase o número de delegados de prevención a catro, dous deles que designará o sindicato CC.OO, un CSIF e outro o delegado sindical do persoal laboral.

O Comité de Seguridade e Hixiene estará composto polo alcalde mailos delegados de prevención que designen as centrais sindicais, segundo o parágrafo anterior.

Artigo 15º.-Réxime disciplinario.

Mantense o réxime establecido no Estatuto dos traballadores sen prexuízo doutras disposicións especiais.

Artigo 16º.-Defensa xurídica.

Polo que respecta ós custos de defensa en xuízo, as partes acordan por unanimidade que o Concello de Ribadeo asumirá os custos procesuais naqueles supostos nos que un empregado municipal sexa demandado en vía xudicial por calquera asunto directamente relacionado coas súas funcións públicas e sempre que finalmente resulte a súa inocencia.

Disposicións adicionais

Primeira.-A oferta de emprego do Concello de Ribadeo para 1998 está integrada por: un auxiliar de Administración xeral mediante oposición libre (posto 0005), xestión orzamentaria por oposición libre (posto 0102), conductor pa (posto 1031), capataz (posto 1041) e por promoción interna, xestión en secretaría (posto 0003).

Segunda.-No orzamento do Concello para 1998 consignaranse fondos para a adecuación das dependencias da policía local.

Disposición derradeira

A eficacia deste acordo queda condicionada á súa aprobación do mesmo polo Concello Pleno.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogados tódolos acordos municipais en materia de persoal, regulamentos de réxime interno e calquera disposición anterior ó presente convenio ou que se opoña ó seu texto.

Ribadeo, 1 de abril de 1998.

ANEXO

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

-Centro directivo ou unidade administrativa: 00 Secretaría.

Adscrición

Cod.

Denom. do posto

Dot.

Niv.

CD

Elementos

C. específico

Tipo

Pto.

F

P

Adm.

Grupo

Escala

Titul.

F

E

Observacións

0001Secretaría xeral128E1-D1-I1-R1SCA4AFHNLD/PC. Ent.
0002Tecn. Admtivo. Neg. 1126E5-D3-I2-R3NAALBFAGA. Amort.
0003Xestión Neg. 2122D3-I2-R3NAALBFAGVacante
0004Admtivo. Neg. 3122D3-I3-R6NAALCFAG
0005Auxiliar116D9-I4-R9NAALDFAGVacante
0006Ordenanza112D7-I5-R13NAALEFAGC.P.T.
0007Limpadora1***AALELAETP. 0,5 S.M.I./A.A.

-Centro directivo ou unidade administrativa: 01 Servicios económico-financeiros.

Adscrición

Cod.

Denom. do posto

Dot.

Niv.

CD

Elementos

C. específico

Tipo

Pto.

F

P

Adm.

Grupo

Escala

Titul.

F

E

Observacións

0101Interventor xeral128E1-D1-I1-R1SCA4AFHNLD-LECat. entrada
0102Xestión Orzam.122D3-I2-R3NAALBFAGVacante
0103Auxiliar tesoureiro118D4-I3-R6NAALDFAG
0104Auxiliar recadador117D5-I4-R7NAALDFAG
0105Admtivo. rendos122D3-I3-R4NAALCFAG
0106Auxiliar Xest. Orzam.116D9-I4-R9NAALDLAG

-Centro directivo ou unidade administrativa: 02 Seguridade cidadá.

Adscrición

Cod.

Denom. do posto

Dot.

Niv.

CD

Elementos

C. específico

Tipo

Pto.

F

P

Adm.

Grupo

Escala

Titul.

F

E

Observacións

0201Sarxento Pol. local122D6-I3-R6-P1NDALCFAEAP
0202Axente Pol. local1016D7-I4-R9-P1-T1-N1NAALDFAEAP

-Centro directivo ou unidade administrativa: 03 Oficina técnica.

Adscrición

Cod.

Denom. do posto

Dot.

Niv.

CD

Elementos

C. específico

Tipo

Pto.

F

P

Adm.

Grupo

Escala

Titul.

F

E

Observacións

0301Aparellador124E5-D2-I2-R3NAALBFAEArq.

Tecn.

-Centro directivo ou unidade administrativa: 04 Servicios sociais.

Adscrición

Cod.

Denom. do posto

Dot.

Niv.

CD

Elementos

C. específico

Tipo

Pto.

F

P

Adm.

Grupo

Escala

Titul.

F

E

Observacións

0401Traballador social122D6-I2-R6NAALELAEDipl.

T. Soc.

0402Auxiliar do fogar3***AALELAETP. 0,5 S.M.I.

-Centro directivo ou unidade administrativa: 05 Inmobles escolares.

Adscrición

Cod.

Denom. do posto

Dot.

Niv.

CD

Elementos

C. específico

Tipo

Pto.

F

P

Adm.

Grupo

Escala

Titul.

F

E

Observacións

0501Celador I. escolares112D7-I5-R13NAALEFAG
0502Limpadora2***AALELAETP. 0,6 S.M.I./A.A.

-Centro directivo ou unidade administrativa: 06 Cultura, esparexemento e deportes.

Adscrición

Cod.

Denom. do posto

Dot.

Niv.

CD

Elementos

C. específico

Tipo

Pto.

F

P

Adm.

Grupo

Escala

Titul.

F

E

Observacións

0601Dtor. banda música122D6-I2-R6NAALBLAEE.M.M.
0611Bibliotecaria115D10-I4-R7NAALBLAEU.G.M.TP. 25 H/S
0612Limpadora1***LAETP. 0,5 S.M.I./A.A.
0621Celador Polideport.112D7-I5-R11NAALELAEC.P.T.
0622Celador Subst. Vacacs.111D7-I5-R13NAALELAGTP 1 mes
0631Auxiliar Of. turismo1***AALLAETP. 15 H/S S.M.I.

-Centro directivo ou unidade administrativa: 07 Servicios de vialidad e xardinería e limpeza.

Adscrición

Cod.

Denom. do posto

Dot.

Niv.

CD

Elementos

C. específico

Tipo

Pto.

F

P

Adm.

Grupo

Escala

Titul.

F

E

Observacións

0701Xardineiro xefe116D9-I4-R8NAALDLAE
0702Axudante xardineiro111D10-I5-R15NAALELAEVacante
0703Axudante xardineiro111D10-I5-R15NAALELAESupl. Limp. e Celad.

vacante

0704Axudante xardineiro111D10-I5-R15-Q1NAALELAEOperario Srv. R. Bas.

vacante

0705Cond. desbrozadora114D9-I4-R13-P2NAALDLAECond. Xard./obras/

Bom./Vacan.

0711Cond. Srv. R. lixo114D8-I4-R12-N1NAALDLAE
0712Cond. Srv. Rec. útiles114D9-I4-R13-P2NAALDLAECond. Rbr./Xard./

Obr./Bom. Vacan.

0713Oper. Srv. R. lixo211D10-I5-Q1-N1NAALELAEVacantes 2
0714Oper. Limp. viaria811D10-I5-Q1NAALELAEC.P.T. (1) vacantes 3
0715Oper. Limp. viaria111D10-I5-Q1AAALELAEAxte. Rbzr.

-Centro directivo ou unidade administrativa: 08 Servicios funerarios.

Adscrición

Cod.

Denom. do posto

Dot.

Niv.

CD

Elementos

C. específico

Tipo

Pto.

F

P

Adm.

Grupo

Escala

Titul.

F

E

Observacións

0801Peón sepultureiro112D7-I5-R13-Q1NAALELAEC.P.T.

-Centro directivo ou unidade administrativa: 09 Servicio de mercados e comercio interior.

Adscrición

Cod.

Denom. do posto

Dot.

Niv.

CD

Elementos

C. específico

Tipo

Pto.

F

P

Adm.

Grupo

Escala

Titul.

F

E

Observacións

0901Celador mercado112D7-I5-R11NAALEFAEC.P. Rec./Aux. Veter.

-Centro directivo ou unidade administrativa: 10 Servicio de mantemento de instalacións e infraestructuras.

Adscrición

Cod.

Denom. do posto

Dot.

Niv.

CD

Elementos

C. específico

Tipo

Pto.

F

P

Adm.

Grupo

Escala

Titul.

F

E

Observacións

1011Electricista116D8-I4-R9NAALDLAE
1021Oficial Encarg. obras116D8-I4-R11NAALDLAE
1022Operario obras212D9-I4-R13NAALDLAEC.P.T.
1031Cond. pá114D8-I4-R11NAALDLAEResp. Maq. vacante
1041Capataz116D8-I4-R7NAALDFAEVacante

Os anexos correspondentes ás claves utilizadas, á valoración do C.E. e do C. de productividade e descrición dos postos figuran no correspondente expediente coa dilixencia da secretaría municipal.

Ribadeo, 1 de abril de 1998.

Polo Concello de RibadeoPolo persoal laboral

Xosé Carlos Rodríguez AndinaJosé Luis Gegunde López

Delegado persoal laboral

7787