Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da execución das obras do proxecto de reforma e acondicionamento do Mercado da Pedra, de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: proxecto urbano zona vella, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 172/450.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de reforma e acondicionamento do Mercado da Pedra, de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: dez meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 144.082.483 ptas.

5. Garantías. Provisionais: 2% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información. Rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría e.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 13 de agosto de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

7995