Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto do 1998 pola que se corrixe erro no anuncio publicado o día 29 de xullo no Diario Oficial de Galicia número 145.

Lido o anuncio publicado no DOG nº 145 do día 29 de xullo do 1998 polo que se facía pública a contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación das rúas Paseo de Colón, Alameda, Xofre de Tenorio e outras, apréciase un erro no apartado 6 no que atinxe á clasificación empresarial do contratista, polo que se procede á súa rectificación mantendo os demais apartados da seguinte forma:

6. Clasificación empresarial. De conformidade co establecido no artigo 25 da Ley 13/1995, de contratos das administracións públicas e tendo en conta o orzamento global contractual da obra non se esixe clasificación ó contratista.

Data límite de presentación de proposicións: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da precedente corrección no DOG.

Pontevedra, 6 de agosto do 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández.

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental

7994