Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de colector de enlace do río das parroquias de Alba e Campañó.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

b) Prazo de execución: dez meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación: 24.970.589 ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías.

a) Provisional: 499.412 ptas.

b) Definitiva: 998.824 ptas.

6) Clasificación empresarial: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

7. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán de conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos prepatatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 22 de xullo de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

7984