Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA MEZQUITA

ANUNCIO.

Con data do 7 de xullo de 1998 o Plenario Municipal aprobou o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras que se sinalan no presente anuncio e que se expoñen ó público na secretaría do concello polo prazo de oito días hábiles, contados desde o seguinte ó da súa publicación no BOP, para os efectos de presentación de reclamacións. Igualmente anúnciase a licitación das mesmas obras, mediante concurso polo trámite de urxencia, podendo presentarse as ofertas na secretaría do concello durante o prazo de 13 días contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP, prazo que se interrompirá en caso de presentación de alegacións contra o prego de cláusulas administrativas.

Obras que se anuncian (título, plan, orzamento):

1. Abastecemento e saneamento no núcleo da Mezquita; PIEL 98; 13.250.616 ptas.

2. Abastecemento e saneamento no barrio antigo da Mezquita; plans provinciais; 11.600.000 ptas.

Fianza provisional: 2% do orzamento da obra.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: primeiro día hábil (excepto sábados) posterior ó remate do prazo de presentación de ofertas.

Información e documentación: secretaría do concello, de 9 a 14 horas.

Teléfonos: 988 42 55 41, 988 42 56 30. Fax: 988 42 56 30.

A Mezquita, 20 de agosto de 1998.

José Montesinos Rodríguez

Alcalde-presidente

7983