Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1998, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministracion dun monitor para quirófano e un ecógrafo para xinecoloxía.

A dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

C.P.6/98. Subministración dun monitor para quirófano e un ecógrafo para xinecoloxía. Orzamento: 7.750.000 ptas. (sete millóns setecentas cincuenta mil) IVE incluído; Lote I: 2.750.000 ptas. (Monitor) e Lote II: 5.000.000 de ptas. (Ecógrafo).

1. Prazo de execución: entrega única.

2. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono 982 58 98 57 e fax 982 58 98 58, durante o prazo de admisión de proposicións.

3. Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación de subministracións solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

5. Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

6. Criterios de adxudicación:

-Características técnicas: ata 6 puntos.

-Asistencia técnica: ata 6 puntos.

-Prezo: ata 5 puntos.

-Prontitude na subministración: ata 4 puntos.

Para o lote II: ecógrafo para xinecoloxía, valorarase, ademais dos criterios anteriormente sinalados, os seguintes:

-Modulación do ecógrafo: posibilidade de ampliación: ata 8 puntos.

-Prezo ofertado pola adquisición do aparello usado: ata 4 puntos.

7. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación (Lote I: 55.000 pesetas; Lote II: 100.000 pesetas). A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/95, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 6 de agosto 1998.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director xerente do Hospital da Costa de Burela de Lugo

8001