Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por poxa aberta da subministración de materiais de construcción e aluguer de casetas de obra para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 24081/250.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración dos materiais que se relacionan nos lotes seguintes:

Lote I: aglomerados asfálticos.

Lote II: granulados.

Lote III: aluguer de casetas de obra.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: durante o ano 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base

Lote I: 4.000.000 de ptas.

Lote II: 8.382.000 ptas.

Lote III: 2.450.000 ptas.

5. Garantías. Provisionais: dispensada. Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información. Rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 21 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación que se publique no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data: o primeiro martes seguinte o día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.2 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 13 de agosto de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

7996